Galeguismo, agro e agrarismo na Galicia da II República

Autores/as

  • Miguel Cabo Villaverde Universidade de Santiago de Compostela

DOI:

https://doi.org/10.3989/ceg.2009.v56.i122.69

Palabras clave:

Partido Galeguista, agrarismo, reforma agraria, cooperativismo

Resumen


O Partido Galeguista (PG) foi creado en decembro de 1931 como expresión do nacionalismo galego durante a Segunda República (1931-1936). Con anterioridade, os nacionalistas galegos foron moi influíntes no eido cultural pero maiormente inoperantes dende o punto de vista político. O PG consideraba a agricultura e o campesiñado como unha prioridade, non só pola súa importancia obxectiva na economía e sociedade galegas dos anos trinta senón tamén porque eran vistos como os baluartes da identidade nacional. De feito, as características, necesidades e vías de desenvolvemento do sector agrario galego eran normalmente definidas en oposición ás do resto de España. É daquela comprensible que o PG tentase gañarse ás sociedades agrarias, e mesmo se pode afirmar que tiña moitos puntos en común cos chamados Partidos Agrarios doutras rexións europeas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2009-12-30

Cómo citar

Cabo Villaverde, M. (2009). Galeguismo, agro e agrarismo na Galicia da II República. Cuadernos De Estudios Gallegos, 56(122), 371–389. https://doi.org/10.3989/ceg.2009.v56.i122.69

Número

Sección

Historia