Cuadernos de Estudios Gallegos, Vol 52, No 118 (2005)

Etnoarqueoloxia e Microhistoria dunha paisaxe cultural: a parroquia de San Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo)


https://doi.org/10.3989/ceg.2005.v52.i118.92

Xurxo M. Ayán Vila , España

Resumen


[gl] Este artigo recolle a análise arqueohistórica do proceso de conformación dunha paisaxe cultural a escala local, como é a parroquia de S. Pedro de Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo). Partindo da Arqueoloxía da Paisaxe reconstruímo-las diferentes estratexias de construcción do espacio social empregadas polas sucesivas formacións socioculturais que ocuparon a zona dende a Prehistoria Recente deica a actualidade. Na segunda parte achegámonos ó patrón de racionalidade manexado pola comunidade campesina que construíu e dotou de sentido á paisaxe rural tradicional.
Para acadar este obxectivo, desenvolvemos unha aproximación interdisciplinar coa angueira de maximizar tanto as aportacións de diferentes tendencias historiográficas (Historia Rural, Antropoloxía Histórica, Microhistoria) como a potencialidade da utilización conxunta de diversas ferramentas metodolóxicas, nomeadamente o baldeirado de fontes documentais secundarias, a enquisa etnográfica, a análise iconográfica e a Historia Oral.

Palabras clave


Arqueoloxía da Paisaxe; Etnoarqueoloxia; Microhistoria; Antropoloxia Cultural; Historia das Mentalidades; Relixiosidade popular

Texto completo:


PDF


Copyright (c) 2005 Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

Licencia de Creative Commons
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional.


Contacte con la revista cuadernos@iegps.csic.es

Soporte técnico soporte.tecnico.revistas@csic.es