Resultados das sondaxes nun xacemento atípico da Idade do Ferro: Pena Redonda (Pontecaldelas, Pontevedra)

Autores/as

  • Alfredo González Ruibal

DOI:

https://doi.org/10.3989/ceg.2005.v52.i118.93

Palabras clave:

Edad del Hierro, Noroeste de la Península Ibérica, Cultura Castreña, Asentamiento abierto, Secuencia de ocupación

Resumen


[gl] O xacemento de Pena Redonda é coñecido desde 1981 a raíz dunha intervención furtiva que sacou á luz restos dunha estructura circular e material da Fase I e II da Cultura Castrexa (800- 400 a. C. / 400-100 a.C). O interese do sitio radica no seu estraño emprazamento, perto dunha chan elevada e dominado por un outeiro. A paisaxe, onde abundan os petroglifos, é mais propia do Bronce que do Ferro, e o lugar tampouco posúe unha morfoloxia típica de castro. A escavación de dúas cabanas, que foran afectadas polos furtivos, deu como resultado a constatación dunha longa ocupación durante as fases I e II, o que fai desbotar a idea de que se trate dun lugar de habitación ocasional e traza cuestións sobre a elección deste lugar determinado. A densidade histórica dos arredores e o particular escenario natural son indubidablemente factores que hai que ter en conta. A inexistencia de niveis posteriores ao século II a. C. -que permitiu a boa conservación dos restos prerromanos- reforza, se cabe, o interese deste xacemento.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2005-12-30

Cómo citar

González Ruibal, A. (2005). Resultados das sondaxes nun xacemento atípico da Idade do Ferro: Pena Redonda (Pontecaldelas, Pontevedra). Cuadernos De Estudios Gallegos, 52(118), 173–197. https://doi.org/10.3989/ceg.2005.v52.i118.93

Número

Sección

Artículos